A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Magán davos a benvida.

Nesta web poderedes coñecer a historia da Comunidade, así como a do lugar e mesmo as atividades que vos propoñemos e coas que vos invitamos a pasar unha xornada de ocio e lecer.

Rúa de Magán

A ruíña desta noite
mañán ha de ser sonada
ela que sea que non viva el amor
eu tamén son da manada

O paxaro de María
un raio de Dio-lo fenda
por culpa do seu paxaro viva el amor
perdín a miña facenda

A toca-la pandeireta
e maila pandeiretiña
ghanei unha saia nova
que me dou miña madriña

E baila Manueliño
e baila meu amor
e baila Manueliño
da voltas arredor

Unha noite me colleron
nunha fiada de lan
unha noite me colleron
outra non me collerán

E baila Manueliño
e baila meu amor
e baila Manueliño
da voltas arredor

Esta noite fun ó muiño
con catro meniñas novas
elas todas en camisa
e eu no medio sin cirolas

E baila Manueliño
e baila meu amor
e baila Manueliño
da voltas arredor

Ruote: "Nin canto nin tampouco"