Ruta das Canteiras da Pena Mona

PR-G 136 en proceso de homologación pola FGM

A Ruta das Canteiras da Pedra Mona transcorre por diferenciados núcleos de poboación, un de Cuntis, Magán, e dous da Estrada, Requián e Vilariño. O punto de unión entre as tres aldeas está no Xesteiras, cumio dun monte que domina as comarcas de Ulla-Umia e Tabeirós. No percorrido poderás descubrir o seu patrimonio natural e cultural. Sobreirais, carballeiras, regatos e senlleiras pedras como as Escorregadas, a da Aguia ou a Mona, linde de tres concellos; etnografía exemplificada no vello camiño de arrieiros e nos muíños, hórreos, graneiras e fontes; e destacados bens eclesiásticos como as Capelas de Santa Lucía e a dos Milagres. Todo, nunha fermosa paisaxe e cunhas vistas inigualables da desembocadura do Ulla.